NON ÁS LEIS CONTRA OS INMIGRANTES!

OS PRIMEIROS VENRES DO MES ÁS 20,30HR NA PRAZA MAIOR Convócase á xente que ve a necesidade de unirse fronte a unhas leis que están a machacar a dignidade das persoas inmigrantes. Cada primeiro venres do mes xuntámonos na Praza Maior de Lugo. Os Círculos de Silencio fanse tamén noutras cidades e países dende diferentes organizacións. Trátase dun movimento Nonviolento que apela á conciencia de quenes fan as leis, de quenes as aplican e daqueles no que no seu nombre se fan. Comezaron en Toulouse a finais do 2007 e na actualidade xunta en Francia a 10.000 personas de distinta procedencia, en máis de 170 cidades. En Lugo sumámonos a esta iniciativa dende abril do 2011. Os círculos pretenden reimplementar unha cultura nonviolenta a través dunha acción accesible a todo o mundo, nunha actitud de respeto fronte o que sufre, e coa mirada en minar o apoio da sociedade a estas leis inxustas. Non ás leis contra as persoas inmigrantes!

TESTEMUÑO DE INMIGRANTES REFUXIADOS QUE ESTÁN EN FOLGA DE FAME DENDE DECEMBRO

En Viena un grupo de 46 persoas fan folga de fame dende o 22 de Decembro. A policía votounos do seu campamentode refuxiados e desfíxoo violentamente, seguiron a resistencia nunha igrexa cercana na que continúan permanecendo ata hoxe.

Estas son as súas palabras:
Non necesitamos os vosos cartos, necesitamos a vosa humanidade. Estamos aquí porque creemos na humanidade,
e tamén porque temos medo das accións da policía, todos vimos a acción no campamento da policía. Creo que é a novena folga de fame que queremos dirixir á sociedade civil.
Non tenemos unha lista de demandas. Non queremos trocalo dereito de todo o mundo, non queremos trocalo dereito de tódala Unión Europea. No queremos trocalo dereito austriaco. Queremos preguntar ¿cómo é posíbel que as fronteiras na UE no sexan seguras? Cremos na paz, no desenrolo, esta xente cre na educación, esta xente tivo que abandoala súa educación. Pedimos á sociedade civil que veña, mire a situación, as Condicións da xente empeoraron moito. Os máis novos decidiron non cooperar, algún nin sequera quere tomar máis auga… Non vimos eiquí a morrer.
Quero dicir tamén que eiquí non hai persoas criminais, sabemos moi bien que a OSD é a criminal, sabemos moi ben quén é o criminal. Dámosvos a nosa sangue en doazón ó mundo. A guerra non é a nosa casa, queremos educación.
Neste momento perdimos moitos membros da nosa comunidade, só quero neste momento falar do meu querido curmán,disparáronnos no 2012, e o vimos. Preguntámonos ¿cómo podemos voltar a nosa rexión? Temos morriña da nosa terra, temos morriña das nosas familias, dos nosos fillos, dos nosos amigos.
Só tes que dicirlle á xente de fóra que hai xente que está pasando fame en Viena e pasando moito friaxe dentro da igrexa (están a un grado de temperatura) .Dilles que precisamos apoio de xente coma vós, todo o tempo necesitámolo, iso é o que nos vai facer máis fortes. Pensade en nós como se foramos irmáns.
Moitas grazas.

http://www.dorftv.at/videos/open-space/6088#

18decembro: Acto pola xornada da emigración PRAZA MAIOR 19,30hr

Aquí podes ver o vídeo da xornada de Lugo e doutras cidades e escoitar o programa de radio cas conexións ás cidades onde se fixeron accións:

http://www.ivoox.com/programa-especial-18d-el-frontex-leyes_md_1667078_1.mp3″

(Se non podes escoitalo, prema aquí)

18 de Nadal. Día internacional da emigración.

FRONTEX

Os Círculos de Silencio de Lugo, Granada, Sevilla, Murcia, Madrid, Tenerife, Burgos, Zaragoza e a Plataforma A Desalambrar, con motivo do día internacional das persoas emigrantes, convocan un acto de denuncia das leis que atentan contra os dereitos básicos dos inmigrantes. Nesta ocasión poñerase o acento en denunciar a existencia do FRONTEX (axencia europea para a xestión das fronteiras) e súa dinámica criminal de xestión das fronteiras europeas, que supón complicar as rutas de chegada e incrementar os obstáculos para acceder a Europa. Ademáis da existencia dos Centro de Internamiento para Estranxeiros (CIE) que poden reter a unha persoa por unha simple falta administrativa.

Lugo: Praza Maior ás 19,30hr
Compostela: Porta Faxeira, ás 20hr

*Noutras cidades:
Madrid,Puerta del Sol, 20h.
Tenerife, Plaza Candelaria, 18hr.
Granada, Carrera del Genil, 17.00 a 19.00 y Fuente de las Batallas, 19.00
Sevilla, Plaza San Francisco, 18hr.

*Outras cidades únense con outros actos de apoio:
Murcia, Plaza de Santo Domingo, 20hr.
Varsovia (Polonia) Plaza Metro Centrum, 18hr.
Marseille (Francia), a través dunha conferencia.
Burgos e Zaragoza mediante un comunicado.