TESTEMUÑO DE INMIGRANTES REFUXIADOS QUE ESTÁN EN FOLGA DE FAME DENDE DECEMBRO

En Viena un grupo de 46 persoas fan folga de fame dende o 22 de Decembro. A policía votounos do seu campamentode refuxiados e desfíxoo violentamente, seguiron a resistencia nunha igrexa cercana na que continúan permanecendo ata hoxe.

Estas son as súas palabras:
Non necesitamos os vosos cartos, necesitamos a vosa humanidade. Estamos aquí porque creemos na humanidade,
e tamén porque temos medo das accións da policía, todos vimos a acción no campamento da policía. Creo que é a novena folga de fame que queremos dirixir á sociedade civil.
Non tenemos unha lista de demandas. Non queremos trocalo dereito de todo o mundo, non queremos trocalo dereito de tódala Unión Europea. No queremos trocalo dereito austriaco. Queremos preguntar ¿cómo é posíbel que as fronteiras na UE no sexan seguras? Cremos na paz, no desenrolo, esta xente cre na educación, esta xente tivo que abandoala súa educación. Pedimos á sociedade civil que veña, mire a situación, as Condicións da xente empeoraron moito. Os máis novos decidiron non cooperar, algún nin sequera quere tomar máis auga… Non vimos eiquí a morrer.
Quero dicir tamén que eiquí non hai persoas criminais, sabemos moi bien que a OSD é a criminal, sabemos moi ben quén é o criminal. Dámosvos a nosa sangue en doazón ó mundo. A guerra non é a nosa casa, queremos educación.
Neste momento perdimos moitos membros da nosa comunidade, só quero neste momento falar do meu querido curmán,disparáronnos no 2012, e o vimos. Preguntámonos ¿cómo podemos voltar a nosa rexión? Temos morriña da nosa terra, temos morriña das nosas familias, dos nosos fillos, dos nosos amigos.
Só tes que dicirlle á xente de fóra que hai xente que está pasando fame en Viena e pasando moito friaxe dentro da igrexa (están a un grado de temperatura) .Dilles que precisamos apoio de xente coma vós, todo o tempo necesitámolo, iso é o que nos vai facer máis fortes. Pensade en nós como se foramos irmáns.
Moitas grazas.

http://www.dorftv.at/videos/open-space/6088#

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s